Resident Evil asaltará as plataformas portátiles en 2011

xoves, 13 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

Resident Evil Revelations destaca polos seus excelentes gráficos

A franquía de Resident Evil vai estrear novos capítulos en 2011, apostando claramente polas plataformas portátiles, posto que aínda falta moito para que sexa posible un Resident Evil 5, sorprendendo lixeiramente o que vai acontecer na Nintendo 3DS, consola na que están a preparar 2 xogos distintos da saga: Resident Evil: Revelations e Resident Evil: The Mercenaries 3D.
Segundo imos tendo información destes títulos queda claro que Revelations vai ser un auténtico xogo da saga, e non unha simple versión móbil, conseguindo un aspecto gráfico excelente, unha ambientación escura que lembra aos primeiros xogos da franquía (polo que podemos ver nun dos novos vídeos do xogo en funcionamento) e cunha protagonista tan boa como Jill Valentine.

Resident Evil Mercenaries VS estará dispoñible para iOS a partir de febreiro

Entón, ¿qué achegará The Mercenaries? Pois parece que será unha simple conversión do modo de xogo co mesmo novo que estaba dispoñible no Resident Evil 5, aínda que manexando a personaxes como Claire e Chris Redfield e cunha mellora tan necesaria como a posibilidade de andar e apuntar a nosa arma ao mesmo tempo, solucionando unha carencia histórica dos Resident Evil.
Curiosamente este último xogo podería ter unha versión sen 3D para as plataformas móbiles de Apple, que levaría por nome Resident Evil Mercenaries VS, e que contará co partidas multi-xogador baseadas en Game Center. Concretamente permitirá participar a 4 xogadores simultáneos de xeito libre ou agrupados en 2 equipos, nos que haberá que disparar aos opoñentes á vez que hai que defenderse dos ataques de mortos zombis. Este título chegará á App Store no mes de febreiro, de xeito que serviría de anticipo ao que logo chegará á Nintendo 3DS, aínda que hai que recoñecer que o sistema de control deste tipo de xogos con pantalla táctil está lonxe de ser a óptima, de aí que non sorprenderá se a súa acollida non é moi boa.


Avance en vídeo de Revelations


Así veríase Mercenaries VS no iPhone

Mercenaries VS preséntase como unha mestura entre Resident Evil 4 e 5.

PUBLICIDADE