Resident Evil 6 para PC terá un modo de xogo exclusivo
venres, 25 de xaneiro do 2013
- O modo Sen Piedade será exclusivo para PC
Capcom vén de anunciar que o xogo Resident Evil 6 vai contar cun novo modo de xogo no mes de marzo
que poderÃa adquirirse para Xbox 360 e PlayStation 3 por 320 Microsoft Points
ou 3,99 euros chamado Asedio e que
permitirá participar ata 6 xogadores en 2 equipos (n con criaturas e outro con
axentes), pero esta novidade está a quedar en segundo plano ao saberse que o
22 de marzo vai chegar a Europa a agardada versión para PC do xogo, que
terá un prezo de 29,99 euros e que compensará a espera deste lanzamento coa
incorporación dun modo de xogo exclusivo chamado Sen Piedade e que será unha especie de modo Mercenarios con moitos máis inimigos en pantalla e permitindo participar
ata 11 xogadores.
Entre as vantaxes da versión para PC do xogo está que xa incluirá todas as actualizacións
das versións para consola, polo que a campaña de Ada Wong estará desbloqueada
dende o comezo e a posición da cámara tamén estará corrida, detalles que
contribuirán a mellorar a experiencia dun tÃtulo que para moitos está
considerado como unha das grandes decepcións de 2012.
VÃdeo de presentación do Modo Asedio de Resident Evil 6