Resident Evil 6 estrea trailer en español

mércores, 26 de setembro do 2012 Marcus Fernández

O vindeiro 2 de outubro chegará ás tendas a versión para Xbox 360 e PlayStation 3 do xogo Resident Evil 6, que é un dos títulos máis agardados do ano, e para animar a súa chegada dende Capcom publican o trailer do xogo que puido verse na pasada edición do Tokyo Game Show, e que chega dobrado ao español. Neste novo vídeo vemos como se cruzan os distintos protagonistas do xogo, que permitirán vivir unha aventura trepidante dende perspectivas diversas, con distinta intensidade dos elementos de acción e supervivencia, para intentar contentar aos millóns de seguidores desta franquía nacida en 1996.
Tamén podemos lembrar que dende a semana pasada é posible descargar a versión de demostración do xogo para PS3 e Xbox 360, adiantando como serán as 3 campañas principais do xogo. O xogo tamén contará con versión para PC, pero aínda non se detallou cando chegará ao mercado (entendéndose que o fará antes de rematar o ano).


Trailer en español de Resident Evil 6

PUBLICIDADE