Resident Evil 6 contará con máis de 4 horas de vÃdeo
martes, 10 de xullo do 2012
Os responsables do desenvolvemento de Resident Evil 6 comentaban, entre outros detalles, que este tÃtulo
contarÃa unha historia moito máis longa que a narrada en Resident Evil 5, e pese a que esa é a promesa habitual en moitos
xogos actuais criticados pola limitada duración do seu modo historia/campaña,
desta volta parece estar máis que confirmado, pois o panel británico encargado
de marcar a clasificación por idade do xogo publicou que o xogo de Capcom conta
cuns 255 minutos de secuencias de vÃdeo (cutscenes) o que é toda unha garantÃa de duración nun xogo que pola
súa violencia e gore estará
recomendado para maiores de 18 anos.
As secuencias de vÃdeo de Resident Evil 5
ocupaban uns 65 minutos, mentes que a súa entrega anterior contaba con 127
minutos de vÃdeo, pero a nova entrega da saga parece bastante máis ambiciosa
neste ámbito que é só un acompañamento narrativo do xogo en si mesmo (aÃnda que
moi ben integrado na acción polo que puidemos ver nalgúns vÃdeos de
demostración do tÃtulo), que chegará ás tendas españolas nas súas versións de
Xbox 360 e PlayStation 3 o vindeiro 2 de outubro (a versión para PC chegará
máis adiante).
- Resident Evil 6 contará con moitas máis secuencias cinemáticas que as súas entregas anteriores