Resident Evil 6 contará coa presenza de Ada Wong
mércores, 1 de agosto do 2012
- Ada Wong defenderase dos inimigos valéndose da súa bésta
Tras moitos rumores confÃrmase que o xogo Resident Evil 6 non só nos permitirá
controlar a Leon S. Kennedy, Chris Redfield e Jake Muller na súa campaña
principal, senón que unha
ver superado o xogo poderá accederse a unha cuarta historia entrelazada
coas anteriores, pero dende a perspectiva dun personaxe coñecido para os fieis
a esta franquÃa de Capcom, Ada Wong. A confirmación da aparición desta muller
que puidemos ver por primeira vez en Resident
Evil 2 realizouse durante a presentación dun novo modo de xogo coñecido
como Agent Hunter, no que poderase
entrar nas partidas doutros xogadores para encarnar aos monstros que atacan aos
protagonistas, e só estará dispoñible en varios escenarios especÃficos.
No xogo quedará claro que inimigos están controlados pola máquina e os que
sexan outros xogadores en liña, permitÃndose que os usuarios que opten por
manexar aos monstros poidan coordinarse mediante chat de voz para pórlle as
cousas máis complicadas a un xordo
usuario. Os usuarios que non queiran padecer este tipo de infección en liña poderán desactivar previamente o modo Agent Hunt.
Resident Evil 6 chegará ás tendas o 2
de outubro nas súas versións para Xbox 360 e PlayStation 3, mentres que os
usuarios de PC deberán agardar algo máis para poder gozar deste prometedor
tÃtulo de acción e terror.
Ada Wong cruzarase con personaxes como Leon S. Kennedy na súa campaña
O modo Agent Hunt visto en vÃdeo