Resident Evil 4 terá versión en realidade virtual
luns, 27 de setembro do 2021
Unha das entregas mellor lembradas da saga de xogos de
Shinji Mikami, Resident
Evil 4, ambientada nun paÃs europeo eminentemente rural cuxa moeda
é a peseta, non se conformou con chegar a dispositivos móbiles e volver
a ordenadores persoais nunha remasterización en alta definición, senón que
tamén vai renacer en realidade virtual o vindeiro 21 de outubro, cando chegará
en primicia para Oculus Quest 2.
Este clásico chega remasterizado e mudando o punto de vista, pasando da terceira
persoa a unha arrepiante primeira persoa, de xeito que podemos meternos
directamente no pelexo de Leon S. Kennedy, para estremecernos cos moitos perigos
que terá que superar e interactuando dun xeito moito máis natural co xogo, xa que
as armas e os obxectos non se collerán dun inventario abstracto, senón que haberá
que agarrar virtualmente os elementos que levaremos enriba.
Tráiler da versión para Oculus Quest 2 de Resident Evil 4