Resident Evil 4 e Code Veronica adaptaranse á alta definición
mércores, 23 de marzo do 2011
- A revista Famitsu adiantou o lanzamento de Resident Evil: Revival Selection
A revista nipona
de videoxogos Famitsu publica que está
a desenvolvemento Resident Evil: Revival
Selection, de xeito que a saga de zombis de Capcom súmase á moda das remasterizacións en alta definición (como
God of War e Prince of Persia) de xeito que Resident
Evil 4 e Resident Evil: Code Veronica adaptaranse á Xbox 360 e á PlayStation
3, o que supón unha boa oportunidade para os seareiros deste tipo de xogos que
queiran rememorar a experiencia que puido vivirse en consolas xa desaparecidas.
Concretamente o Resident Evil 4 saÃra
inicialmente na GameCube (adaptándose posteriormente a PS2, PC e Wii), mentres
que Code Veronica estreouse na
Dreamcast, para chegar logo a GameCube e PS2.
Famitsu
só confirma o lanzamento desta revisión de 2 clásicos para o mercado xaponés,
pero é de agardar que a súa comercialización sexa global, ante o interese que
esperta a franquÃa en case todo o mundo.
- Claire Redfiled é unha das protagonistas de Code Veronica