Resident Evil 3 sae á venda para PS4, Xbox One e PC

venres, 3 de abril do 2020 Marcus Fernández

Capcom lanzou mundialmente hoxe o remake do clásico survival horror Resident Evil 3, título que podemos descargar para Xbox One, PlayStation 4 e PC (mentres que a distribución de copias físicas limitaríase a tendas en liña, xa que os establecementos comerciais tradicionais están pechados ao público), e que trasládanos á conclusión da saga ambientada en Raccoon City a través do punto de vista de Jill Valentine.
Este xogo é unha simple remasterización, senón que é un remake con bastantes cambios para adaptar o título aos tempos actuais, con gráficos en alta definición (facendo uso do RE Engine que xa luciron Resident Evil 2 e Resident Evil 7) e mecánicas de xogo modernizadas; e inclúe o xogo multixogador en liña asimétrico de 4 contra 1 Resident Evil Resistance.
Resident Evil 3 continúa a historia do Resident Evil 2 que saíu á venda o ano pasado, e colócanos na pel de Jill Valentine na súa fuxida dunha cidade arrasada por zombis e outras horribles criaturas, para o que haberá que evitar ao temible Némesis, unha arma biolóxica intelixente e aparentemente imparable, que é un dos adversarios máis importantes desta saga. Jill Valentine contará cun inesperado aliado, Carlos Oliveira, membro do UBCS embarcado nunha misión de evacuación de civís.
No caso de Resident Evil Resistance teremos un xogo en liña no que un grupo de 4 Superviventes deberán colaborar para fuxir do desapiadado Mastermind antes de rematar o tempo. Aparecen no xogo famosos malvados como Alex Wesker, Annette Birkin e Ozwell E. Spencer e, pro primeira vez, poderase controlar a armas biolóxicas como Tyrant e G-Birkin. O vindeiro día 17 o xogo recibirá a súa primeira actualización de balde, na que incorporarase a Jill Valentine como personaxe xogable.

En Resident Evil 3 haberá que sobrevivir aos ataques do imparable Némesis

Tráiler de lanzamento de Resident Evil 3

PUBLICIDADE