Reprodutor multimedia portátil moi completo a un prezo ridÃculo
luns, 13 de abril do 2009
Os reprodutores multimedia
de fabricación chinesa non paran de sorprender polas súas elevadas prestacións
e reducidos prezos, sendo o mellor exemplo que podemos atopar hoxe o CUBE B52HD, que
é un dispositivo cunha pantalla de 5 polgadas cunha resolución de 480 x 272
pÃxeles, que conta con 8 Gb de memoria interna (ampliable mediante tarxetas SD
de ata 8 Gb), ten saÃda de vÃdeo, e é capaz de manexar resolucións de ata 1.280
x 720 pÃxeles (HD Ready). Soporta moitos formatos de vÃdeo (AVI, FLV, MPEG, RM,
RMVB) e audio (MP3, WMA, APE, FLAC, Ogg, WAV) e non lle falta nin gravación de
voz nin sintonizador de radio FM.
Todas estas prestacións superan xa a moitos dos reprodutores multimedia
portátiles que temos nas tendas, e o feito de que a súa pantalla sexa incluso
maior que a dunha PSP tamén é un atractivo, pero o máis rechamante é que estase
a vender por só 499 iuans (uns 54,70 euros), polo que entendemos que este
sector tan competitivo aÃnda está lonxe de dicir a súa derradeira palabra.