Reprodutor de MP3 de Hed Kandi

martes, 14 de novembro do 2006 Marcus Fernández

O selo británico de música house, Hed Kandi, sube ó carro dos reprodutores de MP3 comercializando un reprodutor de música no que se inclúen precargados varios dos seus temas, e que conta cunha capacidade de 512 Mb, reproducindo ficheiros tanto en formato MP3 coma WMA.
grazas á súa batería recargable, e pode conectarse ó ordenador a través dun porto USB 2.0. Tamén incorpora gravación de voz e interruptor para o bloqueo das súas teclas (para evitar a pulsación accidental das mesmas durante a reprodución de música).
O orixinal reprodutor
véndese en cores rosa ou branca a 69,99 libras (104 euros) polo que parece só pensado para incondicionais deste selo musical e a súa imaxe característica.
As cancións que inclúe o reprodutor de serie son:
1. Solu Music – Fade (Grant Nelson Big Room mix)
2. Shaolin Master – Friends (Restless & Volatile Mix)
3. Restless & Volatile – Searchin
4. Tennishero - Alone
5. Caged Baby – Hello There

PUBLICIDADE