Reprodutor de DVD portátil de Airis

mércores, 31 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Airis vén de colocar no mercado a un prezo de venda recomendado de 199 euros o seu novo reprodutor de DVD portátil, modelo LW278, que conta cunha pantalla xiratoria (180 graos) de 9 polgadas e con sintonizador de Televisión Dixital Terrestre (TDT) de serie.
O equipo se pode empregar tanto para reproducir películas en DVD coma ficheiros en formatos coma o DivX, MPEG-4, JPEG e MP3, gardados tanto en discos coma en tarxetas de memoria ou en dispositivos USB.
Este DVD portátil integra unha batería de litio que facilita o seu uso en case calquera lugar, e o seu deseño tamén facilita que se colgue de xeito cómodo e doado no asento do coche para empregalo durante longas viaxes.

PUBLICIDADE