Reprodutor Sansa SlotMusic para promover o uso de tarxetas microSD coma soporte musical
mércores, 15 de outubro do 2008SanDisk non se conforma con
propor o uso de tarxetas de memoria microSD coma soporte de comercialización de
álbums musicais baixo a marca SlotMusic
pensando no seu uso dende teléfonos móbiles, senón que tamén vai comercializar
un reprodutor multimedia pensando nestas tarxetas que se
venderá nos EE.UU. por só 19,99 dólares (ou 34,99 euros incluÃndo un
álbum en formato SlotMusic).
O Sansa
SlotMusic Player é un sinxelo reprodutor de MP3 que funciona con
tarxetas microSDHC (cunha capacidade de ata 16 Gb), opera cunha pila AAA que
lle subministra unha autonomÃa de ata 15 horas e é capaz de reproducir
ficheiros MP3, OGG, FLAC e WMA (sen DRM). Mide 7,2 x 3,7 x 1,5 cm e pesa 48
gramos.
Polo momento estes reprodutores só se venderán nos EE.UU. (onde se distribuirá
incluso a grandes superficies) e se agarda a súa chegada a Europa durante 2009.