Remember Me, a sorpresa de Capcom durante a Gamescom
martes, 14 de agosto do 2012- Niin será a protagonista do novo xogo de Capcom
AÃnda que oficialmente a feira de
videoxogos Gamescom de Colonia desenvólvese entre os dÃas 15 e
19 de agosto, moitas compañÃas preferiron aproveitar o dÃa anterior para amosar
as súas cartas, e aÃnda que houbo moitos pequenos anuncios, dá a impresión de
que Capcom foi a empresa que máis apostou por este evento, xa que, aparte de
dar novos detalles sobre os seus agardados xogos Lost Planet 3, Resident Evil
6, Street Fighter X Tekken Vita e
DmC Devil May Cry, sorprendeu
anunciando Remember Me, un xogo
totalmente novo, desenvolvido por DONTNOD Entertainment para Xbox 360,
PlayStation 3 e PC que ten previsto o seu lanzamento para maio de 2013.
Rara vez se anuncia un tÃtulo tan interesante con tan pouca antelación, o que axudará
a achegar miradas a este xogo no que tomaremos o papel de Nilin, unha cazadora
de memoria de elite que realiza movementos atléticos, domina as artes marciais
e ten a habilidade de meterse na mente das persoas para roubar e incluso mudar
as súas lembranzas, que ten que enfrontarse ao reto de recuperar a súa
identidade despois de que roubaran os seus recordos.
O xogo terá lugar nunha futurista cidade de ParÃs, á que contribuÃron artistas
como o debuxante de comics Todd MacFarlane (creador de Spawn). Parece que estaremos
ante un tÃtulo cunha mecánica semellante á de Uncharted, pero cunha ambientación radicalmente distinta, como
podemos ver no seu primeiro trailer:
Tamén podemos ver algúns momentos do xogo en acción no seguinte vÃdeo:
- Remember Me está protagonizado por unha cazadora de memoria de elite
- O xogo promete grande doses de acción