Rematan as 6ª Xornadas de Videoxogo e Literatura da Fundación Carlos Casares
xoves, 10 de outubro do 2024
A Fundación Carlos Casares segue apostando pola combinación de videoxogos e literatura coas súas Xornadas de Videoxogo e Literatura. Unha mirada transversal, que xa van pola súa sexta edición e pechan as súas portas hoxe. Este encontro final, que terá lugar na GalerÃa 3 do Museo do Marco (rúa do PrÃncipe 54, Vigo) nace coa vontade de ampliar o coñecemento público do sector, afondar nas perspectivas de crecemento e apuntar retos e desafÃos dos seus profesionais.
Desta volta as xornadas, que daban comezo o pasado 8 de outubro, queren fixar un ollar máis transversal mediante novos contidos para as mesas redondas e os faladoiros (tradución, creación de contidos, creación indie, proxectos educativos e formativos, etc.), unha clase maxistral sobre deseño de narrativas, experiencias profesionais, etc.
Dicir que o evento en cuestión será presentado por Bruno Doiro, e contará cos desenvolvedores: Carla Bolaños (LingoKids) e Nacho Pintos (consulto en deseño narrativo de videoxogos). Tamén se falará de lingua, cultura e videoxogos, a cargo de Iago Gordillo (Recuncho Gamer), Lara Portela (creadora de contidos) e MarÃa Herrero (doutoranda en Paratradución). A última mesa tratará os videoxogos como ferramenta en ámbitos non lúdicos (sociais, sanitarios, educativos, etc.).
Participarán Leticia Costas (Kidcode), Sabela Salgueiro (especialista en traballo social e educación sexual) e Miguel A. Areán (Polygon-e Studios).
Como actividade externa, e baixo o tÃtulo: BIT a BIT. A evolución dos videoxogos, estase a levar a cabo (dende o dÃa 8 e até o 12 de outubro) unha exposición sobre videoxogos retro, as primeiras consolas e obradoiros para escolares e familiares o sábado, co fin de que todo o mundo teña a oportunidade de coñecer a evolución do lecer interactivo dos videoxogos retro. Engadir que esta actividade é posÃbel co apoio da Asociación RetroGalaicos, especializada na recuperación de hardware e videoxogos retro.