Reino Unido oponse á compra de Activision Blizzard por parte de Microsoft
mércores, 26 de abril do 2023
A Autoridade dos
Mercados e a Competencia (CMA) de Reino Unido oponse
ao acordo de compra de Activision Blizzard por 68.700 millóns de dólares
por parte de Microsoft, e non pola fortaleza da franquÃa de Call of Duty
senón por considerar que a compañÃa de Redmond non foi quen de eliminar as
dúbidas sobre a ameaza que suporÃa que mellorase aÃnda máis a súa posición no
mercado do xogo na nube, ámbito emerxente no que son lÃderes absolutos.
A CMA salienta que entre primeiros de 2021 e finais de 2022 o xogo na nube no
Reino Unido triplicou o seu volume, estimándose que en 2026 poida xerar 11 mil
millóns de libras a nivel mundial e mil millóns de libras en Reino Unido (citando
como contraste que en 2021 a industria musical en Reino Unido facturou 1.100
millóns de libras).
Dado que actualmente Microsoft xa controla o 60-70% do mercado dos servizos de
xogo na nube, que se sustenta tanto en Xbox e nos PC con Windows, asà como na
infraestrutura de Azure, a CMA teme que a compañÃa estadounidense poida facer
que os xogos de Activision Blizzard poidan rematar sen exclusivos de Xbox Cloud
Gaming, o que propiciarÃa unha suba de prezo do servizo, prexudicando aos
consumidores ao reducir a súa capacidade de elección e incrementando o gasto en
videoxogos.
AÃnda que Microsoft ofreceu garantÃas relativas á adquisición de Activision
Blizzard, centráronse especialmente nos xogos tradicionais, non tranquilizou
aos reguladores sobre o futuro do servizo de xogo na nube.
O que non deixa de ser rechamante é que a CMA recoñece que poderÃa aceptar a
compra de Activision Blizzard activando funcións de vixilancia por parte do
regulador, pero prefire oporse á operación para non ter que intervir a longo
prazo.
ACTUALIZACIÓN: Tras coñecerse a resolución
da CMA Brad Smith de Microsoft lanzou un comunicado no que anunciou a súa
intención de apelar a decisión. Microsoft considera que a decisión da CMA
responde a unha falta de entendemento do mercado e do xeito na que a tecnoloxÃa
na nube funciona, asà como tamén ignoraron os compromisos de Microsoft a levar
os xogos de Activision Blizzard a 150 millóns de dispositivos máis, asà como
expresaran a súa disposición a cumprir coas condicións que impuxesen os
reguladores á operación de adquisición.