Redondela achega novos cursos de informática de setembro a decembro de 2024

xoves, 8 de agosto do 2024 S. P.

A Concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Redondela, que xestiona Antonio Cabaleiro, desenvolverá durante os meses de setembro a decembro, a través das Aulas CeMIT de Redondela e Chapela, cursos totalmente gratuítos dirixidos ao público en xeral e que abranguerán diferentes ámbitos da informática. As sesións ofértanse en diferentes horarios.
Poderán participar máis de 100 persoas en total, con 16 postos na aula de Redondela e na de Chapela 12 postos para cada sesión.
As formacións na Aula CeMIT de Redondela (os luns e mércores) son as seguintes:
-Curso Blogger - Ferramenta de Google. Creación dun blog
Datas: Do 16/09 ao 11/12
Horarios: De 10.00 a 11.30hs
-Curso Photofancy e Photopea - Traballo con imaxes. Creación de contido multimedia online
Datas: do 16/09 ao 11/12
Horarios: de 12.00 a 13.30hs
-Aula Aberta: obradoiros para adultos - venres de setembro e outubro
Talleres para adultos: consultas e dúbidas (09:30/12:00 hs.)
Competencias dixitais básica con tabletas (12:00/13:30 hs.)
As formacións na Aula CeMIT de Chapena, os martes e xoves, son os que citamos deseguido:
-Curso OnlyOffice - software libre, suite ofimática
Datas: do 17/09 ao 12/12
Horarios: de 10.00 a 11.30hs.
-Curso: competencias dixitais nivel medio – sistemas operativos Windows, Linux e Android
Datas: Do 17/09 ao 12/12
Horarios: De 12.00 a 13.30h
-Aula Aberta: obradoiros para adultos, os venres de setembro e outubro
Talleres para adultos: consultas e dúbidas (09:30/12:00 hs.)
Competencias dixitais básicas con tabletas (12:00/13:30 hs.)