Redmi Y3, un móbil económico que aposta pola autonomÃa e os selfies
mércores, 24 de abril do 2019
O
vindeiro dÃa 30 vai saÃr á venda na India un novo smartphone económico de Xiaomi,
o Redmi Y3, que chama poderosamente
a atención por un par de elementos: a súa cámara Super Selfie de 32 MpÃxeles e a súa xenerosa baterÃa de 4.000 mAh (que
promete unha autonomÃa de até 2 dÃas).
O Redmi Y3 ten unha pantalla HD+ de 6,26 polgadas cunha pestana superior circular,
funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 632, a súa cámara traseira dual ten
sensores de 12 e 2 MpÃxeles, a súa carcasa traseira presenta un acabado en
gradiente (facendo a súa cor moi atractiva), na súa traseira ten un sensor de
pegadas dixitais e incluso conta cunha bandexa con capacidade para dúas
tarxetas SIM e unha tarxetas microSD de até 512 GB de capacidade. Tamén pode
salientarse que conserva un par de elementos cada vez menos frecuentes:
conector de auriculares e emisor de infravermellos.
Pero, como xa comentamos, este smartphone presume da súa cámara frontal de 32
MpÃxeles orientada ao disparo de selfies,
para o que conta con modo AI Beautify 4.0 e AI Portrait para conseguir fermosos
autorretratos, e incluso aproveita a pantalla a xeito de flash para disparar instantáneas
en contornos con pouca luz. De cara ás fotografÃas de grupo ten un obxectivo
grande angular de xeito que pode captar ás persoas que estean nun rango de 80
graos, de xeito que permite recoller a varias persoas sen a necesidade dun pau
de selfie.
No que respecta á súa baterÃa, aseguran que é dabondo para reproducir vÃdeo até
10 horas e 20 minutos, xogar até 9 horas e 10 minutos ou falar por teléfono até
51 horas e 50 minutos, caracterÃstica que para moitos compensará as súas
limitacións técnicas, pois non podemos esquecer que estamos ante un dispositivo
de gama baixa que na súa
versión con 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento venderase a 9.999 rupias (128
euros) e con 4 GB de RAM e 64 GB de capacidade custará 11.999 rupias (154 euros).
Descoñécese cando chegará a España e se fará tal con este nome, xa que é
probable que vexa a luz no noso territorio como Redmi S3 se atendemos ao que
aconteceu con Redmi Y2.
- O gradiente da traseira do Redmi Y3 dálle un toque distintivo pouco habitual en móbiles económicos