Red Steel 3 fará uso do Wii Vitality Sensor
xoves, 29 de abril do 2010
- A edición francesa da Revista Oficial de Nintendo confirmou que Red Steel 3 utilizará o Wii Vitality Sensor
O mes pasado
chegou ás tendas o xogo para Wii Red
Steel 2, que destacaban fronte ao seu predecesor por tirar proveito do Wii
MotionPlus, de xeito que tiñan unha experiencia de xogo moi superior, ao
permitir un fiel control dunha katana durante as partidas, e agora a Revista
Oficial de Nintendo en Francia sorprende ao confirmar que Ubisoft Montreal está
xa a traballar no Red Steel 3, que
desta volta incluirÃa
o soporte doutro accesorio para a consola de Nintendo, o Wii Vitality Sensor.
Polo momento descoñécese
o uso que fará o xogo do dispositivo que é capaz de medir o pulso do usuario.
¿Quizais reaccionará á súa fatiga para reflectila no xogo?