Red Dead Redemption supera os 6,9 millóns de copias vendidas

venres, 3 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Take-Two Interactive Software anunciou os seus resultados económicos para o terceiro trimestre fiscal que remata o 31 de xullo, que rematou cun ingresos netos de 354,1 millóns de dólares, o que mellora considerablemente os 94,9 millóns do mesmo período de 2009, atribuíndose estes resultados ao lanzamento de Red Dead Redemption, videoxogo que logrou vender xa 6,9 millóns de copias dende o seu lanzamento en maio de 2010, e que vai camiño de converterse nun dos xogos máis vendidos e xogados do ano. Dende o estudo Rockstar Games continuarán a dar soporte a este título de éxito, e durante os vindeiros meses lanzarán distintos paquetes de contido descargable, alongando a súa vida.
Coa vista posta no futuro, dende Take-Two tamén lembraron que o seu vindeiro NBA 2K11 agarda acadar bastante sona grazas a que contará coa lenda da NBA, Michael Jordan, na súa portada. No tocante ao universo de BioShock, aseguran que BioShock 2 estreará contido descargable o vindeiro trimestre, e durante 2012 lanzarán BioShock Infinite. Dentro do longo prazo tamén deron unha nova que deu que falar: o xogo L.A. Noire adía o seu lanzamento a 2011.

A acción de Red Dead Redemption ten a millóns de xogadores enganchados

PUBLICIDADE