Red Dead Redemption podería chegar aos 5 millóns de copias vendidas este ano
luns, 7 de xuño do 2010
O xogo de Rockstar Games Red Dead Redemption
non só está a acumular grandes críticas, senón que as fortes vendas parecen
acompañalo, pero os analistas estiman que deberán manter este pulo durante
varios meses para compensar os máis de 70 millóns de dólares que tería custado
esta produción, de xeito que non
daría beneficios ata superar os 4 millóns de copias vendidas.
Na actualidade o xogo podería ter superado os 2 millóns de unidades no mercado,
e en moitas tendas de distintos países estaría esgotado, de xeito que estaría
xa a avanzar cara os 3 millóns de copias en circulación para atender a demanda
deste título. Pero non só estiman que vai superar os 3 millóns de copias en
xullo, senón que agardan que a finais de ano teñan acumulado entre 4 e 5
millóns de unidades vendidas, polo que non estariamos ante un produto tan rendible
coma un GTA, pero cuns resultados
igualmente espectaculares, que dan a entender que non é preciso lanzar unha
secuela para funcionar ben economicamente.
ACTUALIZACIÓN (9-6-2010): O estudo responsable do xogo confirmou que xa superaron os 5 millóns de unidades, polo que parece que o xogo finalmente vai ser moi rendible, compensando con creces o esforzo que supuxo o seu desenvolvemento.