Receptores de TDT de Airis

venres, 28 de novembro do 2008 Marcus Fernández

O Airis TD104 permite gravar o sinal de televisión en memorias USB

Aínda que os produtos de electrónica de consumo de Airis non sexan moi coñecidos, aí están, e de cando en vez nos dan algunha sorpresa, coma o receptor de TDT Airis TD104, que destaca por incorporar un porto USB ao que podemos conectar un disco duro ou unha memoria USB para gravar contido da televisión ou para reproducir imaxes JPEG, ficheiros de audio en MP3 ou vídeos en MPEG-4 vendéndose por só 49 euros.

O Airis TDH102 permite recibir a TDT de alta definición

Como novidade tamén presentan o Airis TDH102, que conta tanto con porto USB coma con saída de HDMI, co que pretende servir para recibir sinais de alta definición (dispoñibles nalgunhas comunidades autónomas españolas) o que incrementa o seu prezo ata os 130 euros.

PUBLICIDADE