Receptor de radio AM/FM con Wi-Fi
venres, 19 de setembro do 2008Os afeccionados a escoitar
emisoras de radio pola Internet poderán librarse do ordenador para tal función
grazas á RCA Infinite Radio RIR200,
pois este receptor permite escoitar radio FM e AM pero tamén inclúe Wi-Fi, o
que lle permite non só recibir radio pola Internet (a través do servizo Slacker), senón tamén gravar ata 10
horas da mesma (aÃnda que os ficheiros non se poden trasladar posteriormente ao
PC, senón que se teñen que reproducir dende o propio dispositivo).
Amais, o receptor tamén
pode reproducir ficheiros musicais en formato MP3, WMA e RealAudio dende
memorias USB. AÃnda que este receptor non teña unhas prestacións
espectaculares, destaca especialmente por ter un prezo moderado, xa que se
vende por 99,99 dólares (cando outros produtos semellantes chegan a triplicar
esa cantidade).