Realme renova os seus auriculares sen fíos reducindo o seu prezo

luns, 25 de maio do 2020 Marcus Fernández

Os Realme Buds Air son uns auriculares sen fíos que ben podiamos describir como unha copia dos AirPods de Apple, que conseguiron moi boas vendas en mercados como o da India, de aí que non sorprenda que xa teñan sucesores, os Realme Buds Air Neo, que venderanse a un prezo de só 2.999 rupias (36 euros), o que supón unha baixada de prezo dun 25%, polo que o seu prezo en España podería estar moi preto dos 50 euros.

Estes novos auriculares contan coa función Google Fast Pair, que permite emparellar con móbiles compatibles case ao instante por Bluetooth 5.0; teñen unha autonomía de 3 horas de reprodución que poden ampliarse até as 17 horas co seu estoxo de carga; conta con control táctil (para a reprodución musical, as chamadas e a invocación do Asistente de Google); e presume especialmente de ter un modo de latencia moi baixa (de 119,2 milisegundos) para poder gozar de videoxogos sen padecer unha grande desincronización do son. Cada un destes auriculares só pesa 4,1 gramos e ten resistencia IPX4, polo que son un produto máis que apto para un uso diario e incluso para a práctica deportiva. Os auriculares estarán dispoñibles en cor branca, verde e vermella.

PUBLICIDADE