Realme presenta 3 novos smartphones para España
martes, 31 de marzo do 2020
A
primeiros de mes Realme presentou na India o seu smartphone Realme 6, que
destacaba por incorporar unha pantalla cunha velocidade de refresco de 90 Hz,
caracterÃstica que acompañaba moi ben a este completo terminal con cámara
traseira cuádrupla cun sensor principal de 64 MpÃxeles e cámara frontal de 16
MpÃxeles, localizada nun orificio en pantalla, e que finalmente presentouse
hoxe para España, mercado no que terá un prezo de partida de 219 euros.
O Realme 6 quere situarse como
referente dos smartphones de gama media, que coa súa pantalla Full HD+ de 6,5
polgadas, o seu procesador Helio G90T, a súa configuración de memoria (até 8 Gb
de RAM e 128 GB de almacenamento), as súas cámaras competentes, e unha baterÃa
de 4.300 mAh con carga rápida de 30 watts (capaz de completar unha carga en 55
minutos) é máis de dabondo para a meirande parte de consumidores.
Pero Realme quixo aproveitar a ocasión para traer outros dispositivos máis económicos
ao mercado, de xeito que agora teremos tamén o Realme 6i, cun prezo que parte
dos 179 euros, e que pode resultar bastante atractivo para o grande publica
pola súa combinación de procesador Helio G80, 3/4 GB de RAM, 64/128 GB de
almacenamento interno, pantalla de 6,5 polgadas, cámara traseira cuádrupla cun
sensor principal de 48 MpÃxeles, cámara frontal de 16 MpÃxeles e baterÃa de
5.000 mAh con carga de 18 watts. Semella unha grande opción para quen desexe un
móbil cunha grande autonomÃa.
Pero a sorpresa da xornada foi a presentación do Realme C3, que pertence a unha
familia de móbiles de Realme de gama de entrada, que chegará a un prezo
que parte dos 139 euros. Pese ao prezo axustado, estamos ante un móbil con
pantalla HD+ de 6,5 polgadas, procesador Helio G70, 2/3/4 GB de RAM, 32/64 GB
de almacenamento, cámara traseira tripla cun sensor principal de 12 MpÃxeles,
lector traseiro de pegadas dixitais e unha baterÃa de 5.000 mAh con carga de 10
watts (e a posibilidade de realizar carga inversa, ou sexa, de funcionar como
unha power bank). Un grande xeito de estrear a serie Realme C en España,
que posiblemente contribúa a que Realme poida gañar posicións no mercado de
smartphones actual, no que xa está no Top 5, e ameaza a escalar posicións
grazas ao mal momento que está a vivir Huawei.
VÃdeo da presentación dos novos móbiles de Realme