Realme anuncia novos auriculares sen fÃos
martes, 17 de decembro do 2019
A marca chinesa Realme continúa a avanzar con forza, e tras lanzar
unha serie de smartphones con grandes prestacións e prezos moi reducidos, atrévese
cos accesorios de moda: os auriculares sen fÃos con estoxo de carga. Os realme Buds Air sairán á
venda na India a semana que vén a un prezo de 3.999 rupias (50,50 euros) converténdose
nunha grande alternativa para os AirPods de Apple.
Os realme Buds Air non só teñen un deseño moi semellante aos auriculares de
Apple, senón que tamén integran a tecnoloxÃa Google Fast Pair, ou sexa, que conéctanse
de xeito automático ao noso smartphone con só abrir o seu estoxo. Tamén detectan
se os levamos postos (ou sexa, que pausan a reprodución se os quitamos e
retómana se os volvemos pór), o seu estoxo inclúe carga sen fÃos (ou USB-C), teñen
cancelación de ruÃdo (ENC) para chamadas e, como grande atractivo estarÃa o seu
chip R1, que promete unha latencia moi reducida a través de Bluetooth 5.0, de
xeito que incluso serÃan aptos para xogar no móbil.
Os auriculares contrólanse mediante toques: un dobre toque responde unha
chamada ou pausa/reproduce a música, un toque triplo salta de canción, unha
pulsación prolongada nun lado invoca ao asistente de voz ou cancela unha
chamada e unha pulsación prolongada en ambos auriculares activa/desactiva o
modo de funcionamento para xogos.
A súa autonomÃa é dunhas 3 horas, aÃnda que co seu estoxo de carga permite até
17 horas de uso en total. Estará dispoñible en cor branca, negra e amarela.
Un produto realmente interesante, que probablemente chegue ao mercado español
no mes de xaneiro, xa que o fabricante non só vende aquà os auriculares realme
Buds Wireless, senón que durante o Nadal tamén está a ofertalos a prezo
reducido coa compra de certos móbiles.