Realme 5: un móbil económico con baterÃa de 5.000 mAh
luns, 18 de novembro do 2019
Nos últimos meses está a causar sensación o desembarco
español de Realme, marca de baixo custo de Oppo que chega con prezos moi
axustados e configuracións moi completas, e aÃnda que o dispositivo estrela
sexa o Realme X2 Pro, de cara ao grande público o que está a chamar máis a
atención é o Realme 5 Pro, por ofrecer por 199 euros un dispositivo de grande
potencial e catro cámaras traseiras, pero que poderÃa ter en breve unha
alternativa que para moitos serÃa máis atractiva: o Realme 5.
O Realme 5 é un novo smartphone que vén de presentarse na India, e que tamén
conta con 4 cámaras traseiras (aÃnda que en vez de ter un sensor de 48
MpÃxeles, confórmase cun de 12 MpÃxeles), un procesador bastante competente
(aÃnda que o Snapdragon 665 sexa inferior ao Snapdragon 712 da versión Pro),
pero un elemento no que supera ao irmán maior: unha baterÃa de 5.000 mAh. Temos
asà o móbil de Realme con maior capacidade de baterÃa, prometendo até 9,1
horas de reprodución de YouTube cunha única carga ou até 8,5 horas xogando ao PUBG.
Este teléfono con pantalla de 6,5 polgadas cunha resolución de 1.600 x 720
pÃxeles cunha pestana superior central para unha cámara frontal de 13 MpÃxeles,
cunha cámara traseira cuádrupla de 12, 8, 2 e 2 MpÃxeles, Wi-Fi AC, Bluetooth
5.0, lector de pegadas traseiro, toma para auriculares e porto micro-USB é o
que sen dúbida poderiamos definir como un smartphone de entrada, que
moitos preferirán pola súa magnÃfica autonomÃa, e que confiamos en que pronto
se incorpore ao catálogo español de Realme. Na India sae á venda a un prezo de
8.999 rupias (113 euros) con 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento, de 9.999
rupias (126 euros) con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento, e de 10.999 rupias
(138 euros) con 4 GB de RAM e 128 GB de almacenamento.
Con este dispositivo temos tamén a confirmación de que as configuracións multi-cámara
xa non son exclusiva de móbiles de gama media ou alta, e os móbiles máis económicos
poden aproveitar as posibilidades de contar con múltiples obxectivos
fotográficos.
- Os móbiles de Realme funcionan cunha capa de personalización de Android chamada ColorOS