Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Reality Fighters para PS Vita contará cun mestre moi especial

xoves 26 de xaneiro do 2012, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 56 KB
A realidade aumentada permite levar os combates ao noso contorno no mundo real

O 22 de febreiro chegará ás tendas a consola portátil PS Vita, e entre os seus xogos de lanzamento figurará Reality Fighters, título de realidade aumentada desenvolvido por Novarama, estudo español que xa acadou grande éxito coa súa franquía Invizimals. O xogo de loita non só permitirá introducir os combates no noso contorno como xa facían no anterior título do estudo, senón que tamén permitirá personalizar os loitadores (podendo tomar como referencia o noso propio rostro) e mesmo contará cun personaxe moi especial, o Sr. Miyagi (das películas de Karate Kid) que fará o papel de guía do xogo e tamén será o xefe final ao que superar cando derrotemos ao resto de loitadores.
Os usuarios máis perseverantes poderán así desbloquear o traxe de conserxe e a bandana que emprega o Sr. Miyagi, podendo tamén manexar este personaxe, o que supón unha recompensa moi satisfactoria para os que colleron cariño a esta figura que representaba o finado actor Pat Morita.

JPEG - 76.6 KB
O Sr. Miyagi será tanto un loitador como o guía do xogo


Vídeo promocional de Reality Fighters estreado co gallo da Gamescon de 2011

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS