Razer presenta o primeiro ultrabook orientado aos videoxogos
mércores, 4 de setembro do 2019
A feira IFA de BerlÃn foi o escenario elixido por Razer para
presentar
o Razer Blade Stealth 13, portátil cunha gráfica nVIDIA GeForce GTX 1650 que
presume de ser o primeiro ultrabook para gaming do mundo, xa que
estamos ante un equipo de grandes prestacións cun procesador Intel de 10ª xeración
dentro dun chasis de só 15 milÃmetros e 1,3 quilos de peso.
O Razer Blade Stealth 13 con GeForce GTX 1650 chegará en dúas variantes en
función da resolución da súa pantalla de 13 polgadas (Full HD ou 4K táctil),
ambos cun procesador Intel Core i7-1065G7, 16 GB de RAM LPDDR4 e 512 GB de SSD.
Este modelo ten unha carcasa de cor negra.
Pero tamén estarÃa dispoñible o Razer Blade Stealth 13 Mecury White Edition, ou
sexa, cunha carcasa de cor branca, que mantén o mesmo procesador, pero limita a
súa gráfica a unha Intel Iris Plus, a resolución da súa pantalla a Full HD e a
capacidade do seu SSD a 256 GB, polo que distanciarÃase da configuración apta
para videoxogos do modelo anterior.
Estes equipos chegarán ao mercado a finais de mes a un prezo que partirá dos
1.679,99 euros.