Rayman Origins destaca entre os Xogos con Gold de xaneiro
martes, 20 de decembro do 2016
Microsoft
vén de dar conta dos xogos que
recibirán os subscritores Gold de Xbox LIVE durante o mes de xaneiro, cando
soltaron o pé do acelerador, de xeito que os tÃtulos que funcionarán para Xbox
One son moi discretos, mentres que para Xbox 360 (que grazas á
retrocompatibilidade tamén chega a Xbox One) só destacarÃa un único tÃtulo.
Concretando, os Xogos con Gold de xaneiro serán, para Xbox One, World of Van Helsing: Deathtrap para
Xbox One, que estará dispoñible durante todo o mes, mentres que a partires do
dÃa 16 chegará Killer Instinct Season 2 Ultra Edition
(lembremos que a
primeira tempada do xogo tamén se incluÃu nesta promoción hai un ano).
Para Xbox 360 chega durante o primeiro trimestre de xaneiro The Cave, un divertido xogo de acción
e aventura de Double Fine (o estudio de Ron Gilbert, creador de Monkey Island e Maniac Mansion); mentres que o prato forte do mes chega no segundo
trimestre con Rayman Origins, xogo que reinventando
e recuperando a Rayman demostrou que os xogos de plataformas en 2D aÃnda tiñan
moito que dicir.
- Rayman Origins é o tÃtulo co que Ubisoft fixo que moitos recuperasen a esperanza nos xogos de plataformas en 2D