Rayman Legends contará con versións para Xbox One e PS4
mércores, 11 de decembro do 2013
As consolas de nova xeración xa están no mercado, e aÃnda
contan cun catálogo de xogos bastante feble, polo que non só reciben cos brazos
abertos novos tÃtulos, senón tamén adaptacións de xogos da anterior xeración,
como Rayman Legends, magnÃfico tÃtulo
da anterior xeración que o
vindeiro 27 de febreiro estreará versión para Xbox One e PlayStation 4 en Europa,
facendo que os posuidores dunha das novas consolas poidan gozar dun dos
mellores xogos de plataformas das súas predecesoras.
A versión de Rayman Legends para Xbox
One contará con 10 desafÃos exclusivos e con 3 traxes exclusivos para Rayman e
Globox, mentres que na PlayStation 4 estará dispoñible en exclusiva un novo
traxe (Assassin Ray). Outro detalle curioso da versión para PS4 é que
aproveitará o panel táctil do seu mando para permitir rascar boletos de lotarÃa
e tamén permitirá facer uso da PlayStation Vita para xogar remotamente incluso
co televisor apagado.
Os interesados en coñecer a experiencia de xogo que achega Rayman Legends e non coñezan esta saga, poden botar un ollo á versión de demostración que
está dispoñible vÃa web.
- A versión de PS4 do xogo contará cun traxe exclusivo
- En Xbox One Rayman Legends terá 3 traxes exclusivos
VÃdeo de presentación da versión para consolas de nova xeración de Rayman Legends