Rato sen fíos convertible en gamepad

luns, 20 de decembro do 2010 Marcus Fernández

A converxencia de dispositivos da pé a curiosos trebellos coma o novo invento de Shogun Bros, que non é outro que o orixinal rato informático Chameleon X-1, que é un rato sen fíos que conta cun sensor óptico cunha resolución axustable entre 400 e 1.600 puntos por polgada e un receptor USB que opera na banda dos 2,4 GHz que destaca por aproveitar a súa parte inferior para albergar unha serie de controis orientados ao seu uso coma gamepad, de xeito que pode alternar o seu funcionamento entre o de rato e o de control para videoxogos.
Este orixinal rato-gamepad tamén pode funcionar nun modo no que serve coma mando a distancia ou para presentacións, e chegará ao mercado no primeiro trimestre de 2011 a un prezo dun 55 dólares (41,74 euros).

PUBLICIDADE