Rato para xogar ao World of Warcraft

luns, 13 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Para facer máis doado o xogo aos afeccionados a World of Warcraft para o vindeiro mes comezarán a vender un rato de SteelSeries deseñado especificamente para o uso do xogo de Blizzard, e que inclúe 15 botóns programables, acepta macros de ata 160 carácteres, conta con máis de 130 instrucións predefinidas para a creación de macros mediante arrastrar e soltar e permite elixir entre 16 millóns de opcións de iluminación con 3 intensidades e niveis de pulsación.
O rato se venderá a 89,99 euros, e permite prescindir case totalmente do uso do teclado durante as partidas ao WoW, aínda que poucos usuarios serán capaces de tirar proveito deste tipo de periférico (pois para moitos podería ser todo un problema contar con tantos atallos nun único dispositivo).

PUBLICIDADE