Ratchet & Clank: Nexus para PS3 sairá á venda o 14 de novembro
xoves, 3 de outubro do 2013
Os
seareiros das aventuras de Ratchet & Clank están de parabéns, pois
confírmase que a saba de Insomniac terá
unha entrega totalmente nova o vindeiro 14 de novembro, data na que porase
á venda Ratchet & Clank: Nexus,
tanto en tendas físicas como mediante descarga. Este novo xogo será o epílogo
dos xogos de Future (Armados hasta los
dientes, En busca del tesoro
e Atrapados
en el tiempo), cunha nova historia, un novo arsenal e novos trebellos,
vendéndose a un prezo de só 29,99 euros.
O prezo reducido deste xogo de PlayStation 3 deixa claro que estamos ante un
título menor, non por calidade, senón por ofrecer unha historia máis curta, que
o que pretende é pechar o ciclo desta franquía na PS3, presentándose como “un
relato épico en miniatura”.
- O novo xogo incluirá unha nova historia, un novo arsenal e novos trebellos.
Divertida reportaxe sobre a creación do xogo que emula estar gravada nunha cinta VHS