R continua despregando a súa fibra óptica en Vilaboa
venres, 18 de marzo do 2022
O Concello de Vilaboa uniuse hai poucos meses á listaxe de
municipios galegos con conexión á rede de fibra óptica de R.
Daquela incorporáranse preto de 150 inmóbeis con núcleos en
Costal, Magarella ou Barciela á infraestrutura ultrarrápida da
operadora galega. A isto súmaselle agora 420 novos negocios e
fogares da zona pontevedresa que xa poden gozar tamén de accesos
ultrarrápidos a Internet e doutros servizos de última xeración.
R chega, desta maneira, á segunda fase do Plan Avanza ao despregar a
súa rede de fibra óptica neste concello da RÃa de Vigo. Esta e
outras melloras da rede na provincia de Pontevedra forman parte dos
tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos
Económicos e Transformación Dixital dos que R recibiu axuda para
despregar tecnoloxÃa FTTH en máis de 500 núcleos de Galicia que
non dispuñan de alta velocidade. Nos tres plans vaise investir un
total de 10 millóns de euros, dos cales preto de 8 millóns serán
subvencionados por fondos FEDER da Unión Europea. Son máis de 196
os municipios que se van beneficiar desta nova xeración de redes;
entre eles atópanse os municipios de Monterroso, Mos, Cuntis, Meaño,
Guitiriz, Tomiño, Cariño, Palas de Rei, Abegondo, Antas de Ulla,
Combarro... Algúns dos beneficios destas novas redes será
simultanear de forma idónea tarefas de teletraballo, videochamadas,
gaming, streaming, etc; un wifi 6 de última xeración
ou unha maior capacidade de navegación con varios dispositivos á
vez.
A medida que se vai despregando a nova rede, a clientela de R será
informada dos pasos que deben seguir para cambiar os seus
dispositivos por outros máis avanzados. Os piares fundamentais desta
renovación son a tecnoloxÃa 5G e a fibra óptica FTTH, contando con
maior capacidade e posibilidade de xestionar unha cantidade inxente
de datos e establecendo comunicacións ultrarrápidas sen apenas
latencia.