Quobis organiza en Santiago un relatorio sobre as posibilidades da VozIP

luns, 26 de novembro do 2007 Raquel Noya

Este martes 25 de novembro o Club de Prensa de Santiago vai acoller o relatorio Como aproveitarme da VozIP, no que se analizará polo miúdo o potencial da tecnoloxía de voz sobre protocolo de Internet nas estratexias empresariais.
A xornada, que dará comezo ás 18:00 horas, vai dirixida a aquelas pequenas e medianas empresas interesadas en incorporar a cultura tecnolóxica á súa xestión e nela exporanse os sistemas actuais de redes de datos, coas novidades no eido dos servizos, facendo especial fincapé nas posibilidades da VozIP, nos sistemas de seguridade telemática e redes de datos sen fíos.
O relator encargado de impartir a devandita conferencia é Iago Soto, da empresa Quobis Networks, que tratará de darlle resposta ás preguntas propostas polos asistentes.
O acto está organizado pola Asociación de Empresas Galegas adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías, Eganet, en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.