Qualcomm presenta a súa nova xeración de procesadores para móbiles
mércores, 1 de decembro do 2021
Qualcomm está a celebrar o seu cumio tecnolóxico anual para
dar conta das novas tecnoloxÃas que achegará ao mercado nos vindeiros meses,
destacando especialmente a nova plataforma móbil Snapdragon
8 Gen 1, que suporá o novo referente entre os dispositivos de alta gama,
ofrecendo grandes melloras de rendemento (de até o 20% en CPU e 30% en GPU), en
conectividade 5G e en soporte de cámaras, e que chegará acompañado por
solucións para gamas media e baixa como serÃan os Snapdragon 7/5/4 Gen 1.
O fabricante de procesadores anunciou
que antes do remate do ano veremos xa algún smartphone que estará equipado cun
procesador Snapdragon 8 Gen 1, como poderÃan ser o Xiaomi 12 e o Realme GT2
Pro, aos que seguirán móbiles de compañÃas como Honor, Motorola, OnePlus, Oppo,
Sharp, Sony, Vivo, ZTE...
Para unha boa conectividade estes procesadores contarán cun modem de radio
Snapdragon X65 5G, capaz de conseguir velocidades de descarga de até 10 Gbps,
ce tamén soportarán velocidades de descarga de até 3,6 Gbps a través de Wi-Fi 6
e Wi-Fi 6E.
Para as cámaras contará cun procesador de imaxe de 18 bits, que serÃa capaz de
procesador até 3,2 GigapÃxeles por segundo, e permitirÃa a gravacións de vÃdeo
8K en HDR10+, o que serÃa todo un logro para dispositivos móbiles.
Tamén incorpora novidades importantes orientadas á intelixencia artificial
(pensando moi especialmente na fotografÃa), nos videoxogos (cun importante
salto de potencia a nivel gráfico), son (integrando Bluetooth 5.2 e a
tecnoloxÃa Qualcomm aptX Lossless que permite reproducir música en calidade CD
sen perdas) e seguridade (incluÃndo tamén o soporte para tarxetas ISIM).