Punto de acceso ultraportátil de Novatel

mércores, 10 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Compartir unha conexión de banda larga móbil a través de Wi-Fi non é algo novo (lembremos routers coma o Huawei E960 ou a solución doméstica de Vodafone) pero Novatel Wireless quere achegar unha nova era a este tipo de trebellos con MiFi, un punto de acceso Wi-Fi compatible tanto con redes HSPA coma EV-DO que permite conectarse en case calquera lugar sen fíos e que sorprende por ter unha batería interna que lle subministra alimentación durante ata 4 horas de uso ou 40 horas en espera, o que resulta moi práctico para desprazamentos fóra do fogar ou da oficina.
Ata o momento os routers deste tipo precisaban estar conectados constantemente á rede eléctrica e tiñan un tamaño considerable, pero o Novatel MiFi se pode transportar no peto, o que é toda unha revolución pola que deberemos agardar ata o primeiro semestre de 2009, cando se venderá a uns 200 dólares.

PUBLICIDADE