Publican as especificacións do que podería ser o primeiro móbil de HTC con Windows Phone 8

venres, 7 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Tras a filtración hai uns días dunha imaxe dun terminal con Windows Phone 8 que dábase en coñecer como HTC Accord, chegan agora novas informacións sobre o que sería o primeiro teléfono de HTC co novo sistema operativo móbil de Microsoft, que respondería agora ao nome de HTC 8X, e que entre as súas prestacións tería un procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno, pantalla táctil de 4,3 polgadas, cámara traseira de 8 Mpíxeles con flash LED e enfoque automático, cámara frontal con grande angular (permitindo captar vídeo a 1.080p con ambas cámaras), micro USB, toma de auriculares estándar e tecnoloxía Beats Audio, Bluetooth 2.1, Wi-Fi, GPS e NFC, converténdose nun máis que completo terminal que segundo unha imaxe publicada, parece intentar levar algunhas características da súa interface gráfica Sense a Windows Phone (pois na pantalla de inicio amosa un reloxo de grande tamaño con información meteorolóxica).
Dado que o vindeiro día 19 está programado un evento de HTC en New York, parece que podería ser o momento no que este terminal vese a luz.

PUBLICIDADE