Publican as especificacións do Asus Eee Pad Transformer Prime
mércores, 9 de novembro do 2011- O novo tablet de Asustek terá un grosor de 8,3 mm e un peso de 586 gramos
Hai 3 semanas Jonney Shih, director xeral de Asustek, amosou ao público
o novo tablet da súa compañÃa, o Transformer Prime, que deberÃa de ver a
luz esta mesma semana, e que finalmente adÃa o seu lanzamento ao mes de
decembro, chegando a tempo para o Nadal. Pero o que si avanzaron son as súas
prestacións, quedando claro que estamos ante o tablet máis potente do
mercado, xa que estrea a tecnoloxÃa nVIDIA Tegra 3, que co seu procesador de
catro núcleos permitirá aplicacións máis rápidas, xogos máis inmersivos, vÃdeo
en alta definición e un consumo máis reducido.
- O Asus Eee Pad Transformer Prime pode funcionar dun xeito semellante ao dun ordenador portátil
O Asus Eee Pad Transformer Prime terá un grosor de só 8,3 milÃmetros, un peso
de 586 gramos, un teclado fÃsico QWERTY externo (co que consegue unha autonomÃa
de ata 18 horas, xa que integra unha baterÃa secundaria), pantalla IPS de 10,1
polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 pÃxeles e recubrimento Gorilla Glass,
sistema operativo Android 3.2 actualizable en breve a Android 4.0, 1 Gb de RAM,
32/64 Gb de almacenamento interno, Wi-Fi N, Bluetooth 2.1, cámaras de 1,2 e 8
MpÃxeles (esta última con flash), micro HDMI, lector de tarxetas microSDHC,
micrófono, altofalantes estéreo, GPS, compás dixital, xiroscopio e unha
autonomÃa (sen teclado) de ata 12 horas.
Temos asà un dispositivo que se situarÃa á cabeza de todos os tablets do
mercado, e incluso tenderÃa unha ponte aos ordenadores portátiles (cando se lle
conecta o teclado conta con lector de tarxetas SD e 1 porto USB 2.0 e tamén
incluirá aplicacións coma o Polaris Office para facilitar o seu uso para editar
documentos de Word, Excel e PowerPoint), sen disparar o seu prezo, xa que o
modelo con 32 Gb de almacenamento custará 499 dólares (599 dólares no caso
de contar con 64 Gb de capacidade) aos que haberÃa que engadir 149 dólares de
adquirirse co teclado externo.