Propoñen un facho externo como complemento para o iPhone 4/4S

xoves, 2 de agosto do 2012 Marcus Fernández

O iPhone é un dos dispositivos máis empregados actualmente para disparar fotografías e gravar vídeo, pero o feito de que se empregue en case calquera momento fai que non sempre se poida contar coa axeitada iluminación que permita tirar unha instantánea de calidade, o que pretenden solucionar con Paparazzo, un facho LED de 300 lumens con intensidade regulable que se alimentaría de 2 pilas CR123 de xeito que o seu uso non minguaría a batería do móbil. Este accesorio contaría con 3 modos de funcionamento (fotografía, vídeo e brillo axustable) e conectaríase ao iPhone e contaría cunha aplicación que facilitaría a súa comunicación.
O lanzamento do Paparazzo está previsto para xaneiro de 2013, e para facerse realidade conta cun proxecto en Kickstarter dende o que buscan xuntar 50.000 dólares. Dende España sería posible exercer como mecenas deste accesorio pagando dende 59 dólares (uns 48 euros) para facerse cun destes orixinais fachos que lembran aos que empregaban nas súas cámaras os auténticos paparazzi de primeiros do século XX.

O Paparazzo será compatible cos iPhone 4 e 4S

PUBLICIDADE