Project Spark estréase oficialmente para PC e Xbox One
martes, 7 de outubro do 2014
Tras medio ano en probas por
fin ve a luz Project Spark, un
desenvolvemento de Microsoft que pretende abrir unha porta á creatividade dos
usuarios, e que dende hoxe podemos descargar
de balde para Windows 8.1 e que tamén está a comezar a súa distribución
para Xbox One (plataforma para a que incluso estará dispoñible unha edición
fÃsica en tendas).
Project Spark é unha especie de
creador de xogos, que inclúe ferramentas para esculpir deseños en tres
dimensións e incluso conta cunha especie de linguaxe de programación visual,
facendo que poidamos realizar mundos fantásticos nos que despois xogar, como
demostraron o máis dun millón de persoas que accedeu á súa beta creando máis de
70.000 niveis de xogo en 4 millóns de horas.
Este tÃtulo é free-to-play, podendo
descargarse de balde, e que permite desbloquear contidos empregando os créditos
que imos gañando no xogo ou pagando directamente con cartos reais para iso. De
feito, a edición fÃsica do xogo consiste nunha versión do mesmo que nos EE.UU.
véndese por 39,99 dólares e que inclúe contidos por valor de 85 dólares. En
España veremos o xogo nas tendas a partires do vindeiro venres, a un prezo
recomendado de 49,95 euros, aÃnda que é posible atopalo a prezos por debaixo
dos 32 euros.
Dende Microsoft lembran que, aÃnda que estean xa a comercializar Project Spark, esta produción está lonxe
de estar completa, e que aÃnda que se fixeron moitas modificacións tras a súa
fase de probas, o tÃtulo continuará a evolucionar nos vindeiros meses en
función do uso que faga do mesmo a comunidade de usuarios.
- Project Spark permÃtenos contruÃr os nosos propios niveis de xogo
VÃdeo de presentación do Starter Pack de Project Spark