PrioVR facilitará o movemento en mundos virtuais
martes, 18 de febreiro do 2014- En combinación con Oculus Rift, o PrioVR pode conseguir unha grande experiencia de realidade virtual
Os avances na realidade virtual orientada aos videoxogos
están impulsarse grazas en boa medida aos lentes Oculus Rift, que están a levar
a moitos a investir no que parece que pode ser a nova revolución do sector, e
dentro desa liña de proxectos YEI Technology quixo levar a experiencia de inmersión
en mundos virtuais un paso adiante propondo unha solución que mediante sensores
faga un seguimento do noso corpo en tempo real, para que poidamos interactuar
co mundo virtual dun xeito realista. Esta solución coñecida como PrioVR tentou
sorte en Kickstarter o ano pasado, e tras fracasar, quedando á metade do
camiño da cantidade económica que querÃan xuntar, redefiniu
a súa campaña para facela máis atractiva (grazas, en boa media, a que demostraron
a súa tecnoloxÃa na pasada edición do CES de Las Vegas) e tras
relanzarse en Kickstarter o pasado venres, xa conseguiu o financiamento
preciso para que o seu produto poida chegar ao mercado.
- Un prototipo do PrioVR puido verse na pasada edición do CES de Las Vegas
O sistema está composto por unha serie de sensores que debemos colocar no
corpo, como se fose un exoesqueleto, de xeito que un ordenador pode recoller os
nosos movementos de xeito preciso, o que sirve para trasladar o noso corpo a
mundo virtuais, o que pode engadir un grande realismo aos xogos de realidade
virtual, aÃnda que tamén é de destacar que esta solución é especialmente
práctica para creadores de videoxogos e de pelÃculas de animación, xa que o
mesmo dispositivo serve para realizar traballos de captura de movemento (ámbito
para o que YEI
xa ten solucións comerciais).
Para facilitar a compra do PrioVR a través de Kickstarter decidiron empaquetalo
en 3 modelos distintos, con 8 12 e 17 sensores e prezos de 250, 349 e 399
dólares respectivamente (219, 291 e 327 euros incluÃndo os gastos de envÃo), o
que parecen unhas cantidades moi asumibles para uns produtos que esperan remitirse
aos mecenas no mes de xuño.
VÃdeo promocional do proxecto en Kickstarter