Printeer, a impresora 3D deseñada para o seu uso por parte de escolares
luns, 16 de xuño do 2014- Printeer poderÃa manexarse directamente dende un iPad
A impresión 3D é unha tecnoloxÃa emerxente que cada vez é
máis asumible, tanto a nivel económico como en dificultade de uso, polo que
dende Mission Street Manufacturing pensan que xa é a hora de achegala aos
cativos, polo que lanzan
un proxecto en KickStarter para facilitar a impresión 3D por parte de nenos e
centros de ensino a través de Printeer,
unha impresora 3D que permite realizar os deseños a plasmar directamente dende
un iPad (funcionando tamén con modelos 3D creados con software de deseño
tradicional).
Os responsables deste proxecto consideran que o iPad resulta moito máis cómodo
para os rapaces que un PC, e incluso aseguran que un rapaz pode aprender a
manexar a súa solución de impresión 3D en medio minuto, de xeito que só haberÃa
que facer un deseño en pantalla e logo premer no botón de imprimir para ver
como o obxecto que desexemos pasa a ser realidade.
Pensando na súa instalación en centros educativos, e para evitar accidentes,
Printeer está construÃda de xeito que evita o contacto con partes quentes ou en
movemento, cunha parte extraÃble para poder extraer comodamente as pezas
finalizadas na impresora. Ao ter unha carcasa transparente, os nenos poden ver
como funcionan os seus distintos elementos durante a impresión, e asà entende
como funciona esta complexa maquina de 406 x 305 x 229 milÃmetros e 5,5 quilos
de peso que é capaz de criar figuras de ata 15 x 12,5 x 10 centÃmetros en
plástico PLA.
O proxecto desta impresora 3D que pode manexarse sen fÃos non busca unhas
vendas iniciais masivas, de xeito que confórmanse en completar o seu
financiamento para conseguir crear un produto comercial que os mecenas
recibirÃan no mes de outubro de contribuÃr con 549 dólares (401,73 euros) aos
que haberÃa que engadir os gastos de envÃo. Tras completar esta fase do
produto, agárdase que no mes de novembro Printeer poida converterse nun produto
comercial que poida adquirirse con normalidade.
- Printeer permite traer á realidade a creatividade dos cativos