Primux presenta novos smartphones con pantallas de grande tamaño
luns, 5 de maio do 2014- Os Primux Beta e Zeta 2 chegarán ao mercado con pantallas de 6 e 5 polgadas respectivamente
Tras presentar nos últimos
dÃas o seu novo smartphone de 4,5 polgadas, o Kappa, a ourensá Primux Tech
continúa a incorporar ao seu catálogo novos móbiles incrementando o seu tamaño
de pantalla, conservando a tecnoloxÃa de pantalla IPS/GOS e o sistema operativo
Android 4.4 como sinais de identidade.
O primeiro destes novos terminais serÃa o Primux Zeta 2, que conta cunha
pantalla IPS de 5 polgadas cunha resolución de 960 x 540 pÃxeles, procesador
MediaTek de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno
ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb, cámaras de 8 e 1,3 MpÃxeles,
Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, radio FM, dobre SIM, un grosor de 9,3 milÃmetros e
baterÃa de 1.900 mAh, completando o paquete sen custo adicional unha segunda
baterÃa, unha Flip Cover e un protector de pantalla, para que os compradores
poidan gozar dun móbil protexido dende o primeiro dÃa.
Estamos asà ante a evolución natural dos smartphones de Primux, que atende á
demanda de pantallas cada vez máis grandes, aÃnda que nesta liña resulta
bastante rechamante a outra proposta desta compañÃa galega, o Primux Beta, un
produto que desmárcase dos anteriores ao dar prioridade só ao tamaño de
pantalla, esquecendo equilibrar as súas prestacións, de xeito que teriamos un
smartphone con pantalla IPS de 6 polgadas cunha pobre resolución de pantalla
(960 x 540 pÃxeles), un procesador de dobre núcleo a 1,3 GHz, só 512 Mb de RAM,
8 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb,
dobre SIM, radio FM, cámaras de 8 e 1,3 MpÃxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, baterÃa
de só 2.100 mAh e Android 4.2, polo que estariamos ante un bo exemplo de cabalo grande, que posiblemente chegue a
un prezo moi axustado, buscando asà atender a demanda dos que só buscan unha
pantalla xigante nun móbil.
Estes novos smartphones verémolos nas tendas a partir desta mesma primavera.