Primeiras imaxes da versión final do Blu:Brain
xoves, 10 de decembro do 2009
A galega Blusens leva máis
dun ano facéndonos agardar por un prometedor reprodutor multimedia con disco
duro chamado Blu:Brain,
que serÃa capaz de reproducir vÃdeo en MKV en alta definición, asà coma
MPEG-2/4 e H.264 (xunto con outros moitos formatos populares), á vez que integrarÃa
dobre sintonizador de TDT en alta definición (para poder gravar os contidos
televisivos á vez que vemos outra canle) e Wi-Fi, converténdose nun interesante
dispositivo para o consumo audiovisual doméstico, que finalmente xa conta
cunha versión final segundo desvelan dende Hiperdef, onde publican imaxes do
dispositivo tomadas en México.
Segundo parece, o Blu:Brain vai presentarse na vindeira edición do CES de Las
Vegas a primeiros de xaneiro, non estando aÃnda confirmada a data de lanzamento
comercial do produto en España.