Primeira gravadora de Blu-ray a 12x por USB 3.0
xoves, 26 de novembro do 2009
O último produto
lanzado por Buffalo Technology supón unha innovación por partida dobre, xa que trátase
dunha gravadora externa de Blu-ray que serÃa a primeira en acadar unha
velocidade de 12x e, a maiores, incorpora unha interface USB 3.0,
que é a que permite precisamente a velocidade de gravación máis elevada,
mentres que por USB 2.0 a velocidade redúcese a 7x.
A Buffalo
BR-X1216U3 adiantarÃase á chegada tanto de equipos informáticos con
USB 3.0 como
de discos Blu-ray virxes que poidan gravarse a máis de 8x. Sairá á
venda no Xapón a primeiros de decembro por 39.100 iens (305,37 euros).