Preto dun cento de investigadores participan na presentación do Mapa da cuántica en Galicia
mércores, 4 de decembro do 2024
O I Encontro de persoal investigador en tecnoloxÃas cuánticas botou a andar esta mañá en Santiago de Compostela para visibilizar as capacidades do ecosistema galego de cuántica e facilitar o encontro e impulsar colaboracións entre institucións académicas, centros de investigación e de innovación, empresas e administración.
Inaugurou o evento o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román RodrÃguez, e a cita serviu para a presentación do Mapa de capacidades en tecnoloxÃas cuánticas de Galicia, que reúne a 126 persoas e infraestruturas de sete centros. A primeira versión do Mapa, que se lle entregou aos participantes no encontro, é unha guÃa dos recursos humanos e dos equipamentos da nosa Comunidade neste ámbito. Durante o encontro, ademais, 16 grupos de investigación que están traballando en cuántica presentaron as súas competencias.
Román RodrÃguez, que estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, agradeceu a asistencia de preto de 100 persoas investigadoras inscritas no encontro para seguir traballando polo desenvolvemento dunha tecnoloxÃa cun enorme potencial para a transformación económica e produtiva e a atracción de talento e investimentos co obxectivo de converter a Galicia nun referente nesta materia.
Por último, o titular de Ciencia do Goberno galego animou aos axentes especializados nestas tecnoloxÃas a colaborar para aproveitar as capacidades de Galicia, para xerar sinerxÃas participando conxuntamente en proxectos de I+D+i e para avanzar na xeración de oportunidades para a investigación neste campo.
Coincidindo coa celebración deste encontro, reuniuse tamén o pleno da Rede galega de tecnoloxÃas cuánticas, que acordou a incorporación dun novo membro, o centro tecnolóxico Aimen, que se suma aos 15 membros actuais.