Presentan unha estación de carga para un dron autónomo compacto
mércores, 16 de outubro do 2019
Hai un par de semanas presentouse un interesante dron
autónomo, o Skydio 2, que equipado cunha
cámara capaz de gravar vÃdeo 4K con HDR a 60 imaxes por segundo, xunto con 6
cámaras 4K para entender o seu contorno e poder esquivar obstáculos e seguir
aos obxectivos que se desexe, prometÃa revolucionar a gravación de vÃdeo
persoal.
Pero este produto que o mes que vén comezará a distribuÃrse en unidades
limitadas a un prezo de 999 dólares está a gañar moito atractivo tras a presentación
do Skydio 2 Dock, unha estación de carga resistente ás inclemencias
meteorolóxicas que pode responder ao concepto de dron nunha caixa, que
resulta ideal para o mapeado de construcións, patrullas de vixilancia e outros
casos de uso no que sexa precisa a realización de numerosos voos, xa que o dron
autónomo pode realizar as tarefas asignadas, volver á base de carga e retomar o
traballo cando estea listo, sen precisar dun operador atendéndoo a cada
momento.
Estamos no que poderÃa ser unha das mellores solucións deste tipo, polo seu
tamaño compacto e peso reducido, xa que estamos ante unha solución que pode
transportarse nunha maleta e pórse en funcionamento en minutos, para realizar
tarefas complexas con seguridade. Tamén serÃa unha das solucións máis
económicas do mercado. A base de carga pode conectarse a unha toma de corrente
estándar ou
alimentarse nunha toma de corrente continua de 12 voltios (ou sexa, que
pode empregarse nun vehÃculo).
Neste momento esta solución está a probarse nos EE.UU. (onde aproveitan o feito
de que Skydio é unha compañÃa norteamericana como elemento para diferenciarse
da chinesa DJI) e confÃan en que poida integrarse en numerosos programas de uso
de drons, aÃnda que todo dependerá dos regulamentos existentes (xa que en
moitos espazos está prohibido que os drons sexan totalmente autónomos).
VÃdeo de presentación do Skydio 2 Dock