Presentan novos produtos da familia Surface
mércores, 2 de outubro do 2019
Microsoft celebro hoxe un evento de presentación de novos
produtos da gama Surface, dos que 5 novos produtos chegará para a compaña
de Nadal (cando menos nos EE.UU.) e outros dous con dobre pantalla previstos
para o Nadal de 2020.
O novo Surface
Laptop 3 é un novo portátil bastante elegante, que estará dispoñible a
partires do 22 de outubro con pantallas de 13,5 e 15 polgadas, partindo dun
prezo de 1.149 euros (para o modelo con pantalla de 13,5 polgadas, procesador
Intel Core i5, 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento interno) até os 2.949
euros (para o modelo con pantalla de 15 polgadas, procesador AMD Ryzen Surface
Edition A11, 32 GB de RAM e 1 TB de almacenamento interno).
Este equipo delgado e lixeiro promete unha autonomÃa de até 11,5 horas, ten un
trackpad de cristal un 20% máis grande que no modelo anterior, un teclado con
1,33 milÃmetros de percorrido buscando un tecleo máis confotable, portos USB-A
e USB-C e carga rápida.
Pero o produto máis veteranos da familia tamén se renova, e temos asà o novo Surface
Pro 7, considerado o equipo 2-en-1 máis versátil do mercado, que agora incorpora
procesadores Intel Core de 10ª xeración. Está previsto o seu lanzamento para o 22
de outubro a un prezo que parte dos 899 euros. Este equipo con pantalla de 12,3
polgadas é moi lixeiro (pesa 770 gramos), conta con portos USB-A e USB-C, conta
cunha boa autonomÃa (de até 11,5 horas) e pode empregarse tanto con teclado e
rato como un ordenador portátil, como tirando proveito da súa pantalla táctil ou
do seu lapis dixitalizador, polo que é unha opción que goza de grande
aceptación no mundo empresarial.
Deste equipo temos agora unha interesante variante, o Surface Pro
X, que chegará ao mercado o 13 de novembro a un prezo que parte dos 1.149
euros, cunha pantalla de 13 polgadas e conectividade 4G, polo que serÃa a
opción ideal para os que precisen un equipo totalmente móbil. É o equipo
Surface máis fino do mercado (ten un grosor de só 7,3 milÃmetros), e como
grande elemento diferencial funciona cun procesador Microsoft SQ1 e unha gráfica
Adreno 685, polo que estamos ante un produto que busca competir coas tabletas
con Android e iOS ofrecendo unhas prestacións semellantes, pero coas vantaxes
de operar cun sistema operativo máis propio de escritorios informáticos.
Un produto bastante rechamante serÃan os Surface
Earbuds, auriculares sen fÃos cun deseño bastante curioso, que contan cunha
zona táctil bastante ampla para un cómodo control, aÃnda que tamén facilitan o
seu control por voz. Estes auriculares permiten reproducir música, atender chamadas,
abrir Spotify ao momento mediante 3 toques, ditar documentos de Word e incluso
facer uso dunha interesante funcionalidade de PowerPoint, que durante unha
presentación pode amosar subtÃtulos co que está a dicir o relator (que pode
presentarse en pantalla traducido a máis de 60 idiomas.
Estes auriculares teñen unha autonomÃa de até 8 horas cunha única carga,
prometendo unha autonomÃa de até 24 horas se tiramos proveito do seu estoxo-cargador.
Este produto con son de alta calidade venderase nos EE.UU. a un prezo de 249 dólares.
Anuncio dos Surface Earbuds
Chega a dobre pantalla
A grande sorpresa para moitos foi a presentación de
novos dispositivos con dobre pantalla: o Surface Neo e o Surface Duo. O Surface
Neo será un ordenador portátil con 2 pantallas táctiles de 9 polgadas, de xeito
que xuntas ofrecen a visión dunha pantalla de 13 polgadas. Este equipo funcionará
con Windows 10X.
Pero a grande sorpresa da xornada foi a presentación do Surface Duo, un
smartphone con Android que pode combinar as súas dúas pantallas de 5,6 polgadas
para conseguir unha pantalla de 8,3 polgadas, polo que podemos entender que
estamos ante o achegamento de Microsoft a unha proposta como a do Samsung Galaxy
Fold.
Haberá que agardar aÃnda bastantes meses para comprobar se esta proposta de
Microsoft paga a pena, pero a impresión que podemos levar é que 2020 será un
ano chamado para o cambio de formato entre os dispositivos portátiles, pon
produtos como as pantallas encartables ou as dobre pantallas.
O Surface Neo busca ser o exemplo dunha nova categorÃa de produto