Presentan mandos con sensor de movemento para Xbox 360 e PS3
mércores, 25 de marzo do 2009
En setembro comentamos
que estaba en desenvolvemento o mando Gametrak Freedom, que levarÃa
a experiencia de xogo do Wiimote á Xbox 360 e á PS3, e agora a compañÃa Performance Designed Products
o anuncia oficialmente durante a Games Developers Conference, de
xeito que este mando con control de movemento acada moita repercusión
mediática, por poder facilitar o achegamento de usuarios ocasionais ás consolas
de alta definición actuais, aÃnda que polo momento non se sabe de moitos xogos
que vaian tirar proveito deste sistema de control (na GDC presentaron Squeeballs, prometendo un completo
catálogo de xogos compatibles).
O Gametrak Freedom contarÃa con estéticas diferenciadas segundo a plataforma á
que se oriente (sendo branco o modelo para Xbox 360 e negro o de PS3,
integrando ambos os botóns axeitados para a consola na que se vai utilizar) e
agárdase que cheguen ao mercado no outono, polo que o seu deseño final aÃnda
poderÃa cambiar lixeiramente.
Estes novos mandos utilizan unha serie de acelerómetros para detectar os seus
movementos, en combinación cun sistema de posicionamento 3D por ultrasóns, o
que prometen que darÃa unha precisión moi superior á do mando da Wii, aÃnda que
para que este accesorio funcione deberá vir acompañado de xogos atractivos que
permitan que a casualización das grandes
consolas trunfe.